Canosa, María

A fotografía 51 / María Canosa - 1ª ed. - A Coruña : Baía Edicións , 2023 - 86 p. : il. b/n. ; 19 cm - Colección Meiga Moira ; 39 .

A fotografía 51 presenta, a modo de imaxes fixas na retina ou nunha cámara fotográfica, a vida, dilemas e reflexións en primeira persoa de Rosalind Franklin, o seu traballo e a ocultación machista padecida, quen malia ser a que logrou a famosa fotografía 51 da estrutura do ADN, non foi recoñecida co Nobel, que si recibiron dous homes cos que colaborara nas investigacións.

A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X. Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada Fotografía 51 determinante da estrutura da molécula do ADN. Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lles permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como a sombras, ocultaban o traballo que desenvolvían. Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?

9788499954219


Lix en galego--Ficción biográfica (biopic)
Narrativa en galego
Mulleres na historia--Científicas

82-NG

Coa tecnoloxía Koha