Cráneo, Manel (1973-)

Cinza : Baseado na novela A nosa cinza de Xavier Alcalá / Manel Cráneo - 1ª ed. - A Coruña : Demo Editorial , 2023 - 135 p. : il. b/n ; 28 cm.

Cinza é a adapatación de Manel Cráneo do clásico da narrativa galega 'A nosa cinza', de Xavier Alcalá.

'Cinza' narra a vida de Xoán, un rapaz criado durante a dictadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.
Esta é a adaptación en BD da novela 'A nosa cinza', unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espiríto Nacional Católico empeñado en agochar o galeguismo.

3º-4º ESO 1º-2º BAC Adultos/as

9788412612097


Banda deseñada --Cómic galego
Banda deseñada galega--Adaptación da novela
Cómic de denuncia e crítica social e política--Sociedade galega da posguerra
Ditadura franquista--Política e sociedade

741.5:821.134.4-31"19"

Coa tecnoloxía Koha