García Quintáns, Modesto

O Monte do Pindo ao descuberto : Rutas e lendas / Modesto García Quintáns; Nieves García Centeno - 1ª ed. - Noia (A Coruña) : Toxosoutos , 2022 - 156 p. : il. fot. b/n ; 21 cm. - Divulgación e ensaio .

Unha análise completa e intensa ao Monte que abrangue a súa xeografía, hidrografía —ríos e fontes—, minaría, fauna, historia e poboación, sen deixar de lado as lendas de tradición oral que o rodean.

Índice: Prólogo, por Fernando Alonso Romero; Introdución; I- Características xeográficas; II- Contexto histórico; III- Rutas olo Monte do Pindo; IV- Rutas dos muíños; V- Covas e refuxios; VI- Camiños sacramentais; VII- Lendas;VII- Outros puntos destacados; Mapa; Toponimia do Monte do Pindo. Os autores; Bibliografía.

Sobre o Monte do Pindo tense escrito moito, pero queda máis por descubrir. Neste libro déixase o Pedregal ao descuberto e cada apartado dá para outro volume, pois se abarcan de maneira sinxela aspectos como a xeografía e a hidrografía, os ríos e as fontes, os datos da poboación, a historia e lendas, e as rutas que o percorren para chegar á Moa ou a Peñafiel, pasando polos petóns, puntos de interese, covas e refuxios, ríos, muíños, e todos xeorreferenciados con coordenadas UTM. Información inédita en moitos aspectos, como a toponimia do Monte, con máis de 800 topónimos, e todo acompañado por fotografías e un mapa en cor con esas rutas, feito polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), que é inédito tamén.

9788412539394


Carnota--Descricións
Monte Pindo (Carnota)--Xeografía
Roteiros--Guías descritivas
Etnografía--Lendas

913(460.111 Pindo, Monte)