Aleixandre, Marilar (1947- )

As bocas cosidas / Marilar Aleixandre - 1ª ed. - Vigo : Editorial Galaxia , 2025 - 338 p. : il. fot. b/n ; 23 cm - Literaria (Galaxia) ; 517 .

Índice de capítulos: 1. Ao quebrar a alba; 2. Os fillos da noite; 3. Non sae indemne a paisaxe.
Agradecementos e fontes. Créditos das fotografías.

Xaneiro de 2010. O pai da autora conta que lle pediron saliva para identificar un seu curmán, soterrado nunha fosa común en Valencia. Guerrilleiro comunista, morto en 1947. Nunca lles falaran del; descoñecían a súa existencia. Sobre a guerra, as bocas estaban cosidas. A partir destes silencios, a novela reconstrúa a vida de Antonio G., seguindo os seus pasos na familia, "desbridando a cicatriz", a través da documentación e mediante a imaxinación, desde a adolescencia en Doña Mencía (Córdoba), á participación nos Fillos da Noite -partisanos entre 1936 e 1939-, aos campos de concentración e á guerra despois da guerra. As feridas herdadas entretécense coas colectivas, as penurias dos xornaleiros, a fame, a represión. Unha obra onde a prosa de Marilar Aleixandre, co seu lirismo contido, ten a capacidade de dar voz aos ecos do pasado, nunha atmosfera impreganada do peso do silencio e da memoria.

1º-2º BAC

9788411764162


Literatura galega contemporánea--Narrativa autobiográfica
Biografía novelada--Memoria histórica
Guerra civil española (1936-1939)--Consecuencias da guerra

821.134.4-31"20" 929

Coa tecnoloxía Koha