Roca, María Carme (1955-

Tutankamón : El descubrimiento de la tumba / María Carme Roca - 1ª ed. - Madrid : Grupo Anaya , 2022 - 160 p. ; 21 cm. - Leer y Pensar .

Unha novela baseada en feitos reais que se desenvolve en Exipto durante dúas épocas: 1922, o ano do descubrimento da tumba do faraón Tutankamón por Howard Carter, e o século XIV a.C., durante a XVIII dinastía, en tempos do propio Tutankamón.
Proposta de lectura: poderá lerse a novela na orde na que aparece, ou ben escoller ler primeiro os capítulos impares e posteriormente os pares, ou ao revés.

Tras anos perseguindo o seu soño, o arqueólogo Howard Carter logra atopar a tumba do faraón Tutankamón en 1922.
Ibrahim, un dos traballadores da escavación, non se alegra do achado: implica o cumprimento dunha ameaza que pon en perigo a súa familia, en especial ao seu fillo Ahmed. O día que Ahmed cumpre nove anos, o seu avó Mohamed faille un agasallo moi especial: unhas sandalias que segundo el pertenceron a Tutankamón. Será verdade? O avó asegura que si, que pasaron de xeración en xeración ao longo dos séculos. E que é un secreto que deben gardar.
As vidas de Ahmed e do faraón neno gardan certo paralelismo: nenos orfos de nai, enfermizos... Quizabes sexa polas historias do seu avó, pero a Ahmed fascínalle o Antigo Exipto. E máis agora que se descubriu a tumba que, por outra banda, o avó sempre crera que estaba alí.

1º-2º ESO

9788469891148


Tutankamón


Aventuras
Novela histórica
Exipto antigo
Arqueoloxía

821.134.2-311.6"20":087.5

Coa tecnoloxía Koha