O clan das barbies / Antía Yáñez
por Yáñez, Antía [autor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lamas de Castelo | 82-G YÁÑ cla | https://www.xerais.gal/noticia/o-clan-das-barbies-de-antia-yanez-xa-nas-librarias/ | Prestado | 12/09/2025 | CED034000012216 |
|
Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade, á discriminación e á explotación.
Índice de capítulos: Anastasia; Alma; Carla; An; Alma; Lily; An; Alma; Carla; An; Alma; Carla; Robin; Liza.
Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. Alma naceu no Norte porque seus pais, recrutados desde o continente africano, remataron traballando nunha das milleiros de granxas abandonadas que había. Carla fixo o posible por salvar unha nai que xamais coñeceu e un pai que marchou demasiado cedo. An tivo que loitar desde ben pequeno contra as expectativas que o resto da xente deitaba sobre el. Estas tres vidas, e todas as que con elas arrastran, entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade e á discriminación. A violencia nunca é a solución. Ata que o é.
3º-4º ESO
1º-2º BAC