Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A Galicia do século XXI / Antón Álvarez Sousa (coord.)

por Álvarez Sousa, Antón (1960-) [coordinador/a]; Acuña Ledo, Jorge [autor/a]; Andrade Suárez, María José [autor/a]; Bruna Quintas, Fernando [autor/a]; Caamaño Franco, Iria [autor/a]; Calo, Estefanía [autor/a]; Caramés Balo, Rosa [autor/a]; García Docampo, Manuel [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Xerais Universitaria.Editor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2024 Edición: 1ª ed.Descrición: 330 p. : il. gráf. b/n. ; 24 cm.ISBN: 9788411105385.Materia(s): Galicia -- Estudos, ensaios, etc | Socioloxía -- Economía, política e sociedade | Galicia -- Sociedade -- S. XXIRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer. Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen. Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica URL Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Lamas de Castelo
Sala préstamo
316 ÁLV gal https://www.xerais.gal/libro/xerais-universitaria/a-galicia-do-seculo-xxi-anton-alvarez-sousa-9788411105385/ Dispoñible CED034000012320

O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalización que afectan as organizacións e a nosa vida cotiá: os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climático e a transición ecolóxica que cambian os nosos océanos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboación que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenación dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras máis axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer. Tamén está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusión social; a loita pola igualdade de xénero; a globalización e o xeito de influenciar na economía, na política e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unión Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemáticas que nos atinxen. Ao longo dos diferentes capítulos o lector pode descubrir como están condicionando estas cuestións o territorio de Galicia, a súa natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educación, a poboación e a despoboación, a riqueza e a pobreza, a saúde mental, as migracións, a reconfiguración urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñecido prestixio que fan unha análise precisa e con proxección de futuro.

Coa tecnoloxía Koha