Normal view MARC view ISBD view

Na cerna da selva / Pere Tobaruela ; [deseño da cuberta, Fausto C. Isorna]

by Tobaruela, Pere [Author]; Isorna, Fausto C [Illustrator]; Tobaruela i Martínez, Pere.
Type: materialTypeLabelBookSeries: Docexvintedous.Publisher: Santiago de Compostela :Sotelo Blanco 2010 Edition: 1ª.Description: 135 p ;22cm.ISBN: 9788478246038.Subject(s): Aventuras | Dpto. LG | África -- Novelas | Viaxes -- Novela | Aventuras | Adolescentes | Selvas-Novelas | Protección da naturezaOnline resources: Click here to access online
Contents:
Sección: Literatura xuvenil en galego
Abstract: Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona. Tal premio consiste nunha estadía de cinco semanas na cerna da selva ruandesa en compaña de Dian Fossey.
    average rating: 0.0 (0 votes)

This record has many physical items (71). Click here to view them all.


Todo comezou cando en setembro do 85, con 16 anos, o zoo de Barcelona premiou o seu traballo sobre os xabarís, consistente en botar cinco semanas en Ruanda no campamento de Dian Fossey, a famosa investigadora dos gorilas de montaña sobre a que se fixo a película Gorillas in the Mist. Alí viviu o asasinato da famosa naturalista polos cazadores furtivos de gorilas e tivo que fuxir pola selva dos seus asasinos se non quería correr a mesma sorte. O impacto de tal vivencia acompañouno durante longo tempo en forma de pesadelo no que Dian vai cara a el coa garganta ensanguentada dicíndolle que será o seguinte.
Antes de partir, a súa nai comproulle O corazón da escuridade, o duro libro de Conrad sobre as atrocidades da colonización belga, que lle fixo comprender que África non é algo unitario. Dende Lavacolla a Kinshasa acompañouno unha azafata. Logo, un home da embaixada fíxose cargo del. Sobrevoando o grandioso río Congo nun avión de hélices vello, con dúas mulleres coas maletas cheas de peixe para vender e un home con unha cabra, arribou a Kigali, na Ruanda chea de montañas, a terra do gran masacre de tutsis primeiro e logo de hutus.
Alí agardábao a propia Dian Fossey, que lle contou da impunidade coa que actuaban as bandas de cazadores furtivos, que poderían provocar a desaparición dos gorilas. No camiño, nun control policial, discute ela cun home de traxe e gravata, que terá moito que ver co seu desenlace vital. No hotel, agardábaos o fotógrafo que se viñera vivir cos pigmeos, Fran Lamas, un apaixonado e fondo coñecedor de África, que lle contou a historia que se conta en África sobre a orixe dos negros e dos brancos, dous irmáns dos cales un ao meterse no río branquexou e o outro non... Ao día seguinte, ensinoulle Dian un artigo que ía publicar no Xornal de Ruanda en defensa dos gorilas, tan próximos ás persoas, e contra os grupos organizados de cazadores furtivos, dos que daba nomes, incluíndo mesmo cargos oficiais da policía ou do goberno: era a súa sentenza de morte.
Levouno Dian ao seu campamento, a tres mil metros de altitude e máis de dez horas de camiñada. Levando Coca Cola, galletas e leite evaporado fixeron saídas pola selva para observar os gorilas de montaña... Un día, como ela tiña febre, acompañouno Nemeyé, un negro alto e musculoso que era o seu brazo dereito, tras a pista dos gorilas e á volta atoparon a dous homes, un deles o home de traxe e gravata, que lle cortaron a garganta cun machete á científica. El e mais Nemeyé lograron fuxir pola cerna da selva, sen carreiros nin luz entre as árbores. Exhausto, desfaleceu Xiao e cando volveu en si atopouse abraiado co home de traxe e gravata e outros dous a disputar por xutar a cabeza cortada de Nemeyé. Aproveitando a confusión, o pigmeo Nzigui, coa axuda doutro, Lambo, sacouno de alí, conducíndoo onda Fran Lamas quen, logo, marchou agacharse unha tempada entre os pigmeos xa que corría perigo a súa vida por ter levado o artigo ao xornal. Mentres el, acompañado de Nzigui e Lambo, andou outra vez a perigosa da selva camiño de Kinshasa e a embaixada de España.
De novo, o máis perigoso non foi o búfalo que case o esmagou ou os outros animais da selva, senón o home de traxe e gravata e o chepudo, que logo de cortarlle a cabeza a Lambo co machete, atáronlle unha corda ao pescozo e levárono nunha caixa de madeira como un cadaleito no Land Rover ata a casa do xefe dos furtivos. Só o librou de morrer a machete a intervención salvadora de Nzigui, que o sacou de alí e acompañouno ata o río Congo, onde reapareceu o chepudo, que feriu a Nzigui e disparoulle a el, quen logo quedou sen sentido.
Pero salvouno Fran Lamas outra vez: Nzigui interpuxérase cando o chepudo lle disparou guiindando ao mesmo tempo o seu machete contra o home de traxe e gravata, matándoo; á súa vez, Xiao collera a escopeta e disparáralle ao chepudo. Por iso agora puido contalo, malia os moitos perigos que viviu. Pero, lamentablemente, xa non o poden facer nin Nzigui, que lle salvou a vida, nin a admirada Dian, soterrada onda a tumba de Digit, o gorila co que mellor se comunicara

Sección: Literatura xuvenil en galego

Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona. Tal premio consiste nunha estadía de cinco semanas na cerna da selva ruandesa en compaña de Dian Fossey.

3º-4º ESO

1º-2º ESO

Powered by Koha