La limpieza étnica de Palestina / Ilan Pappé
by
Pappé, Ilan (1954-) [Author]
; Noriega, Luis [Translator]
.
Type: 




Item type | Current location | Call number | URL | Copy number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lamas de Castelo Sala préstamo | 342 PAP lim | https://www.observatori.org/paises/pais_53/documentos/E_PAPPE.pdf | Available | Política internacional - Dereitos Humanos | CED034000011934 |
|
Ilan Pappé, profesor da Universidade de Haifa e o máis prestixioso a escala internacional dos historiadores israelís, obrigado a publicar as súas obras no estranxeiro e a vivir no seu país entre ameazas de morte, revela neste libro, á luz de documentos recentemente desclasificados, a verdade dunha expulsión en masa que segue facendo hoxe imposible a paz entre israelís e palestinos e que está na orixe de todos os problemas actuais do Oriente próximo.
Os israelís coñecen como Guerra da Independencia a de 1948. Para os palestinos é a Nakba (a “catástrofe”), posto que o seu resultado foi un dos procesos de limpeza étnica máis amplos e dramáticos do noso tempo: cerca dun millón de palestinos foron obrigados a emigrar a punta de fusil, abandonando terras, bens e fogares; houbo matanzas de civís como a de Deir Yassin e centos de poboados foron destruidos deliberadamente. A pesar das súas dramáticas dimensións, os israelís conseguiron ocultar este crime contra a humanidade durante moitos anos.