Retorno / María Reimóndez
por Reimóndez, María [autor/a]
.
Tipo: 





Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lamas de Castelo Sala préstamo | 82-G REI ret | https://www.xerais.gal/libro/milmanda/retorno-maria-reimondez-9788411105880/ | Dispoñible | Final da «Triloxía dos seres completos», de M. Reimóndez | CED034000012219 |
|
Derradeira novela da "Triloxía dos Seres Completos", precedida por "Cobiza" e "Multitudes"
Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retorno» desentraña as capas que compoñen a cerna desta «Triloxía dos Seres Completos». Nesta nova e derradeira novela conflúen todas as voces, os tempos e as historias dos libros precedentes para enfrontarse a unha pregunta vital: en mans de quen deben estar as decisións que determinan a supervivencia do planeta? Unha vez máis, Reimóndez tira da filosofía, da ciencia, da aventura e dunha escrita complexa e profunda para, dende voces que superan o humano, dar unha resposta innovadora e emocionante ás preguntas do presente a través dunha potente historia de ficción.
1º-2º BAC