Sei cantar e sei bailar / Eva Mejuto
por Mejuto, Eva [autor/a]
; Cobo, Lucía [ilustrador/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Lamas de Castelo Sala préstamo | 784 MEJ sei | https://www.xerais.gal/libro/album-ilustrado/sei-cantar-e-sei-bailar-eva-mejuto-9788411106184/ | Dispoñible | Letras Galegas 2025 | CED034000012317 |
|
Enfiando un ronsel de cantigas, muiñeiras, maneos e xotas, «Sei cantar e sei bailar» segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste álbum ilustrado compañaremos a musicóloga suíza do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faísca da lingua no seu cantar. Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casás e bailaremos con Eva Castiñeiras para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía e cultura ao longo dos séculos. Elas todas son as homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025. O álbum, con texto de Eva Mejuto e ilustracións de Lucía Cobo, conta cun apéndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesía e da música tradicional galega: a de onte e a de hoxe.
1º-2º Primaria
5º-6º Primaria
5º-6º Primaria
1º-2º ESO