Alonso, Fran (1963-)

Véndoche un poema / Fran Alonso - 1ª ed.: maio 2025 - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2025 - 144 p. ; 21 cm. - Camaleón (Xerais) .

«Véndoche un poema» é un libro transgresor no seu concepto, desafiante e atrevido nos versos, que dispara poemas á diana da comunicación máis poderosa do noso tempo: a publicidade.

Índice: Cómprasme un poema?; Carta comercial.
- Entras no meu templo; - Invado o espazo público; - Persígote nas redes porque sei quen es; - Entro na túa casa; - Ás veces non teño escrúpulos; - Chámome publicidade e invádoo todo.

Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexión amigable e contraditoria, interesada e diverxente, para ofrecernos un libro de poemas directos, incisivos e críticos, escritos desde contextos onde as imaxes de anuncios publicitarios nos rodean e acompañan no día a día.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788411106832


Literatura galega contemporánea--Poesía galega
Estratexias comunicativas--Publicidade

821.134.4-1 82-P

Coa tecnoloxía Koha