Véndoche un poema / Fran Alonso
por Alonso, Fran (1963-) [autor/a]
.
Tipo: 


Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | URL | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lamas de Castelo Sala préstamo | 82-G ALO vén | https://www.xerais.gal/libro/camaleon/vendoche-un-poema-fran-alonso-9788411106832/ | Dispoñible | CED034000012356 |
|
«Véndoche un poema» é un libro transgresor no seu concepto, desafiante e atrevido nos versos, que dispara poemas á diana da comunicación máis poderosa do noso tempo: a publicidade.
Índice: Cómprasme un poema?; Carta comercial.
- Entras no meu templo; - Invado o espazo público; - Persígote nas redes porque sei quen es; - Entro na túa casa; - Ás veces non teño escrúpulos; - Chámome publicidade e invádoo todo.
Teñen algo que ver a poesía e a publicidade? A publicidade invade as nosas vidas, omnipresente. O que pode sorprender é que a publicidade bota man constantemente de moitos recursos propios da poesía. Ás veces, mesmo emprega a propia poesía para dirixirse a nós e tratar de convencernos. A partir da relación entre poesía e publicidade, Fran Alonso convídanos a explorar esa conexión amigable e contraditoria, interesada e diverxente, para ofrecernos un libro de poemas directos, incisivos e críticos, escritos desde contextos onde as imaxes de anuncios publicitarios nos rodean e acompañan no día a día.
1º-2º ESO
3º-4º ESO